Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG analizará o mércores na súa executiva uns resultados que considera "moi malos"

O PSdeG analizará o mércores na súa executiva uns resultados que considera "moi malos"

O secretario de Organización valora "positivamente" a decisión de Gómez Besteiro de liderar no parlamento ao PSdeG e asumir a reconstrución do proxecto político para Galicia

Gómez Besteiro tras o reconto electoral (EFE/Xoán Rey) Gómez Besteiro tras o reconto electoral (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 19/02/2024 13:39

O PSdeG reunirá o vindeiro mércores, día 21 de febreiro, a súa executiva e convocarán os seus órganos internos para analizar os resultados obtidos nas eleccións ao Parlamento de Galicia, que o secretario de Organización, José Manuel Lage, cualificou de "moi malos", "sen adxectivos".

En declaracións difundidas aos medios, Lage sinala que "toca facer autocrítica, cunha análise profunda da situación", "sendo conscientes da mensaxe que mandaron os galegos".

O responsable de Organización apelou a facer autocrítica, analizar en detalle e "axuntar esforzos para desde a unidade construír un proxecto político para Galicia, en clave de país".

O PSdeG sinalou que forma parte de 120 gobernos municipais e ostenta 102 alcaldías en Galicia, sendo a forza política que goberna máis cidadáns desde os concellos. Ademais, lembra que elixiron a Besteiro candidato á Xunta no mes de outubro e as eleccións foron convocadas en decembro.

Lage valorou tamén "positivamente" a decisión do político lucense de liderar no Parlamento o PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade