O Resurrection Fest, a punto para botar a andar este mércores
O Resurrection Fest, a punto para botar a andar este mércores
130.000 persoas encherán Viveiro esta semana
Máis de 130.000 persoas procedentes de 46 países. Viveiro estes días é pop, rock, hardcore ou punk, pero tamén é cifras: os máis de 17 millóns de euros que supón a celebración do festival, os mil postos de traballo directos e catro mil indirectos que xera, 10.000 metros cadrados para celebrar e dous meses de montaxe. Unha revolución social, económica e cultural.
Este ano, como non, hai novidades, un espazo no que casarán 25 parellas que o conseguiron tras un sorteo ou unha avenida para recrear as salas míticas da historia da música.
Fóra do recinto, a ocupación hoteleira está ao cen por cento, pero non só estes catro días.
Polas rúas xa se deixan ver os festivaleiros que van chegando.
Ghost, Slipknot ou Pantera, entre os grupos que actúan; esta útlima banda protagoniza a reunión máis esperada do heavy metal no único concerto que darán en España.