Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ritual de lavar a cara coa auga das herbas de San Xoán consérvase ao longo dos anos

O ritual de lavar a cara coa auga das herbas de San Xoán consérvase ao longo dos anos

Hai que utilizar un mínimo de sete herbas, que teñen que apañarse durante o día

A auga coas herba debe permanecer toda a noite ao raso

A cara ten que lavarse con esa auga pola mañá e, segundo a tradición, serve para espantar o meigallo

G24.gal 23/06/2023 13:50

Filomena coñece ben o ritual. Cada ano, na véspera de San Xoán, sae apañar as herbas. Teñen que ser, como mínimo, sete diferentes e poden variar en función do lugar. 

Segundo a tradición, as herbas deben apañarse antes de que caia a noite. Logo métense en auga, que tería que proceder de sete fontes, aínda que Filomena cre que se pode prescindir desta esixencia.

O que si é indispensable é que esta auga coas herbas pase a noite ao raso, para que lle caia o orballo. E, pola mañá, xa está lista a apócema para lavar a cara e, di a tradición, espantar o meigallo.

O das herbas é un dos rituais que conservan na localidade de Calo, no concello de Teo. Este e outros porque aquí xa están a preparar a cacharela e teñen listas as sardiñas para o San Xoán, unha festa que celebran ao grande.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade