Publicador de contidos
Publicador de contidos

O roscón de Reis segue a ser o doce máis tradicional para estas datas

O roscón de Reis segue a ser o doce máis tradicional para estas datas

As pastelerías non cesan de recibir pedidos

G24.gal 03/01/2023 13:24

Hai moitos doces tradicionais polo Nadal, pero, achegándonos a Reis, quen manda indiscutiblemente é o roscón. Son estes días de moito traballo nas confeiterías que non paran de recoller encargos.

Como en case todo, os prezos subiron un pouco este ano, pero as vendas mantéñense inalterables porque o roscón é un clásico que non pode faltar.

Miguel Anxo Martín, pasteleiro de Lugo, cóntanos que "é unha tradición que se mantén viva e, cada ano, por moitos roscóns que facemos, acaban vendéndose todos".

Nin panetones nin outras modas foráneas. Por Reis manda a tradición. Monserrat González, pasteleira de Lugo di que  "eu creo que vai en aumento porque os roscóns véndense moitísimo".

Hai variacións da receita orixinal con chocolates e cremas. Pero o máis demandado é o clásico coa súa cobertura de froitas confeitadas.  

Os prezos subiron este ano un pouco. "Non podemos repercutir todas as subas dos custes na clientela porque se non ninguén compraría", di Monserrat González. Miguel Anxo Martín opina que "unha vez ao ano pódese gastar un pouco máis nun roscón de Reis".

Nos obradoiros é un dos momentos máis atarefados do ano. Aínda que hai outras ofertas industriais, maioritariamente os consumidores decántanse polo produto artesán nesta data tan especial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade