Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 'sakura galego' adiántase este ano no pazo do Faramello

O 'sakura galego' adiántase este ano no pazo do Faramello

O 'sakura' é unha tradición milenaria do Xapón que fai referencia ao momento de floración das ameixeiras

O pazo do Faramello conta con varios exemplares de ameixeiras xaponesas plantadas aquí no século XIX

G24.gal 09/02/2022 21:24

No século XIX hai unha pequena competición entre os pazos históricos por ver quen traía as cousas máis exóticas. Ao pazo do Faramello chegaron ameixeiras xaponesas e déronse conta de que, polo clima que ten a zona de Rois e porque o pazo está á beira do río, todo o que viña do Xapón se daba moi ben. 

Esta é a razón de atopar un pequeno 'sakura' en chan empedrado típico do país e no xardín do pazo do Faramello, no corazón da comarca do Sar.

Xa hai tempo que visitantes, medios de comunicación e turistas non queren perder o espectáculo que ofrece a floración das ameixeiras. No Xapón este momento coñécese como 'sakura'. No pazo do Faramello é coñecido xa como o 'sakura galego', que este ano chegou máis adiantado do previsto.

O xardín do Faramello coas cereixeiras en flor é un espectáculo que todo o mundo quere, agora máis ca nunca, presenciar. De feito, visitar o Faramello coincidindo coa floración das ameixeiras xa se converteu en tradición. Non tan milenaria como no país do sol nacente pero igual de atractiva.   
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade