Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da industria do mar busca solucións tras a suspensión da lei galega do litoral

O sector da industria do mar busca solucións tras a suspensión da lei galega do litoral

Piden coñecer o ditame do Consello de Ministros que pon en dúbida a constitucionalidade da normativa galega

G24.gal 20/10/2023 14:34

Nova reunión do Goberno galego coa cadea mar industria, preocupada pola situación nas empresas do sector, moitas delas pendentes da renovación das concesións ou de novas inversións e proxectos que a suspensión da lei deixa paralizados. 

Urxen coñecer o documento aprobado polo Goberno central en que se pon en dúbida a constitucionalidade dunha trintena de artigos da lei galega do litoral. 

Buscan solucións para saír da inseguridade xurídica en que queda o sector. A Xunta de Galicia pide que se corrixa a decisión. 

O sector factura nove mil millóns de euros anuais e emprega a máis de corenta mil persoas en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade