Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da pesca estuda accións legais contra a expansión da eólica mariña

O sector da pesca estuda accións legais contra a expansión da eólica mariña

Pedirán amparo ao Tribunal Constitucional tras unha sentenza desfavorable publicada esta semana polo Tribunal Supremo

G24.gal 18/07/2024 18:05

A asociación Plataforma en Defensa da Pesca estuda "unha nova folla de ruta" para opoñerse aos plans do Goberno de expandir a zonas marítimas a enerxía éolica e unha petición de amparo ao Tribunal Constitucional tras unha sentenza desfavorable publicada esta semana polo Tribunal Supremo.

O presidente da citada plataforma, Basilio Otero, declarou este xoves que as entidades que a compoñen reuniranse en Burela o luns para analizar os pasos que seguirán tras o ditame do Supremo, que desestimou o recurso dos pescadores contra os plans de ordenación do espazo marítimo.

Otero, que tamén preside a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, subliñou que a sentenza do Supremo agardábase, pero advertiu de que a plataforma "seguirá defendendo que os pescadores teñen razón".

Nese sentido, argumentou que a frota esixe a participación no deseño do Plan de Ordenacion do Espazo Mariño, que ve como unha ameaza para os seus caladoiros e a súa fonte de ingresos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade