Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector do mexillón busca ir máis alá do fresco ou da conserva tradicional

O sector do mexillón busca ir máis alá do fresco ou da conserva tradicional

O Salón Mexillón de Galicia busca na súa primeira edición ser un punto de encontro entre produtores e empresas

 

G24.gal 04/07/2022 16:40

Mexillón de Galicia con denominación de orixe protexida, un produto que, segundo din desde o sector, é apreciado en todo o mundo pero que non está suficientemente promocionado. Por iso o Consello Regulador pon en marcha unha serie de iniciativas que arrancan con este I Salón Mexillón de Galicia, en Santiago de Compostela.

No último ano en Galicia producíronse 250.000 toneladas de mexillón, o que supuxo unha facturación de arredor 140 millóns de euros. Son datos dun sector que, na última década, as exportacións nun 57 %, sobre todo nos mercados europeos.

A innovación pasa tamén pola diversidade na oferta: mexillón fresco, pasteurizado, que cada vez se vende máis, ou en conserva. Os clásicos, en escabeche e á galega, pero bivalvos do mundo, con salsa mexicana ou napolitana. En pratos precociñados, en potaxe, con lentellas, en paté e ata novidades como mexillóns con olivas. Listo para consumir en calquera momento. Atrás queda aquilo de "desde san Bartolo a san Simón non probes o mexillón".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade