Pesca acorda co sector facer novas campañas para recuperar o consumo de peixe
Pesca acorda co sector facer novas campañas para recuperar o consumo de peixe
A rebaixa do IVE, demandada desde o mundo da pesca e o marisqueo, segue sen contar co apoio do Goberno
O sector pesqueiro reclama cambios na política europea que equilibren a defensa do medio ambiente co mantemento da actividade. Javier Garat, xerente de CEPESCA, insistiu en que a Comisión Europea os está a levar "ao límite".
O ministro comprometeuse nesa defensa e acordaron novas campañas para promover o consumo de peixe. Luis Planas apostou ademais pola "colaboración público-privada" nestas iniciativas.
Onde non houbo acordo, foi na eliminación do IVE no peixe. Luísa Álvarez, xerente de Fedepesca, asegurou "que van manter a defensa dunha fiscalidade saudable".
Tamén insistiron na necesidade de contar cun comisario de pesca en Bruxelas, desvinculado da carteira de Medio Ambiente e de manter o acordo de pesca con Guinea-Bissau.
Luis Planas pediu que o escrache que sufriu este xoves non tape a realidade de que a maior parte dos agricultores se manifestan de forma pacífica e insistiu en que o próximo martes defenderá as súas preocupacións en Bruxelas.