Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden reforzar a seguridade en portos e centros de distribución ante o paro do transporte

Piden reforzar a seguridade en portos e centros de distribución ante o paro do transporte

O sector pesqueiro cre a protesta non terá moita repercusión en Galicia, pero por se acaso estes días as superficies comerciais fixeron abasto de produto

G24.gal 10/11/2022 14:36

O Grupo Norfrío, dedicado ao transporte de peixe conxelado, sufriu importantes perdas económicas no anterior paro hai oito meses. Agarda que desta vez apenas teña repercusión, pero estes días non dan feito ante o aumento de pedidos dos seus clientes. 

Que as mercadorías cheguen ao seu destino tamén preocupa as empresas comercializadoras e os portos que piden á Subdelegación do Goberno reforzar a seguridade nos puntos de orixe, pero tamén escoltas para os camións en destino. 

Con todo os transportistas agardan poder traballar con normalidade con incidencias puntuais fóra da nosa comunidade.

O transporte de peixe resultou especialmente afectado na folga de marzo por tratarse dun produto perecedoiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade