Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas comeza a facer PCR para gañar tempo no diagnóstico da varíola do mono

O Sergas comeza a facer PCR para gañar tempo no diagnóstico da varíola do mono

As mostras recóllense nos centros de Atención Primaria e viaxan refrixeradas aos hospitais de Vigo e Santiago

En tres horas obteñen o resultado mediante extracción de ADN e proba PCR

 

 

G24.gal 31/05/2022 14:42

Coa pandemia, os cidadáns de a pé aprenderon o que era unha PCR e os laboratorios saíron reforzados cunha tecnoloxía máis áxil para a detección de virus. Agora, co gromo da varíola do mono, o Sergas quere gañar tempo no diagnóstico procesando as mostras en Galicia en vez de mandalas a Madrid.

"Mandar mostras ao laboratorio nacional leva tempo, ademais non atenden na fin de semana. Gañamos tempo, aquí estamos todo o día durante toda a semana, gañamos rapidez que é moi importante para frear as cadeas de transmisión. Son mostras que hai que refrixerar, mellor procesalas cerca" explica Marisa Pérez del Molino, a xefa de Microbioloxía do CHUS.

A recollida da mostra non se fai en urxencias, faise nos centros de Atención Primaria. Alí contan co material para estraer o líquido das vexigas ou das cotras e mandalo refrixerado ata os laboratorios de Vigo ou Santiago.

"Cando chega a mostra extraemos o ADN, que leva unha hora, e despois facemos a PCR  que vai a tempo real, dúas horas máis. En total en tres horas temos un resultado" engade Marisa.

O seguinte paso será secuenciar en Galicia o xenoma dos positivos para determinar a liñaxe do virus. Polo momento os casos secuenciados en España proceden de África occidental, onde a infección adoita ser leve cunha mortalidade do un por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade