Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo confirma prisión permanente ao home que matou o seu sobriño de 3 anos en Santiago

O Supremo confirma prisión permanente ao home que matou o seu sobriño de 3 anos en Santiago

O Alto Tribunal non considera que Santiago Cepeda tivese anuladas por completo as súas facultades mentais cando asfixiou o pequeno ata a morte

G24.gal 24/05/2024 14:15

O Tribunal Supremo ratifica a pena de prisión permanente revisable para o condenado por matar o seu sobriño en Santiago de Compostela

Desestima así o recurso de casación presentado pola defensa e confirma as sentenzas da Audiencia Provincial da Coruña e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O alto tribunal non considera que Santiago Cepeda tivese anuladas por completo as súas facultades mentais cando asfixiou ata a morte o seu sobriño de 3 anos no ano 2020.

Os feitos ocorreron a tarde do 20 de setembro cando ambos os dous se atopaban na vivenda dos pais do asasino, e tras manifestar o neno o seu desexo de ouriñar, dirixiuse con el a un dos baños da primeira planta, pechou a porta de acceso a esa planta con chave; e a do baño, con pasador.

Unha vez no interior, segundo recollen os feitos probados da sentenza, "colocouse encima del inmobilizándoo, tapando o seu nariz e a súa boca cunha man e suxeitándolle o pescozo coa outra, exercendo presión con forza ata provocar a súa morte por asfixia".

O Supremo ratifica os ditames da Audiencia coruñesa e do TSXG

A Audiencia da Coruña condenouno a prisión permanente revisable por un delito de asasinato; impúxolle a prohibición, durante 25 anos, de comunicarse coas súas dúas sobriñas menores así como de achegarse a menos de 500 metros a elas. 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo e a defensa do condenado recorreu ao Supremo ao alegar "a eximente da responsabilidade criminal de alteración psíquica", pois sostén que "matou o seu sobriño nun momento no que as súas facultades de coñecer e querer estaban plenamente anuladas" ou fortemente restrinxidas por estar sumido "nun estado crepuscular postepiléptico".

Pero o alto tribunal lembra que o xurado declarou por unanimidade que o acusado era "culpable de causar a morte do seu sobriño intencionadamente ou con coñecemento, e asumindo que cos seus actos lle podería causar a morte.

E aínda que "o informe forense admite a posibilidade de que o acusado sufrise unha leve afectación na súa capacidade de comprender que", en virtude do principio in dubio pro reo, podería xustificar a apreciación dunha atenuante analóxica que non reclama o recurso, "debe observarse que esta concorrencia carecería de relevancia práctica respecto da pena de prisión permanente revisable prevista para o delito cometido".

En contra do que sostén o condenado, deixa claro que actuou con aleivosía como evidencia "a metódica precaución do acusado de ir pechando as portas tras de si e de conducir o neno a un punto de imposible acceso para terceiros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade