Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tempo complica a recollida de percebes no Roncudo

O tempo complica a recollida de percebes no Roncudo

Os percebeiros de Corme só traballan no Roncudo en xullo e no Nadal

Cada mariscador só pode coller como máximo 6 quilos de percebe

G24.gal 28/12/2021 14:24

No Roncudo, os percebeiros só collen dúas veces ao ano, en xullo e no Nadal, así que esta campaña é moi importante para eles.

Cada percebeiro, e son uns trinta nesta zona, pode coller como máximo seis quilos e teñen que apañalo en pouco máis de dúas horas, o tempo en que a marea baixa permite acceder ás rochas. Traballo arriscado, pero págase ben.

Os prezos dependen da poxa, aínda que xa se sabe por onde oscilan. As condicións do mar serán as que fixen os días que aínda apañarán no Roncudo, esta semana coa vista posta nas vendas de fin de ano.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade