Cargando resultados...
O traballador de Ence acusado de atentar contra Lores acepta unha multa de 180 euros
O traballador de Ence acusado de atentar contra Lores acepta unha multa de 180 euros
O acusado afirmou que o único que fixo foi defender os postos de traballo da fábrica
G24.gal
05/05/2022 14:25
O traballador de Ence acusado de atentar contra o alcalde de Pontevedra eludiu a prisión e aceptou pagar unha sanción de 180 euros. O acordo, ao que se chegou na Audiencia de Pontevedra, queda condicionado a que non delinca nos próximos seis meses.
Acusábano de insultar a Fernández Lores e patear o seu coche. O traballador, que estivo arroupado por un cento de compañeiros, insistiu en que o único que fixo foi defender os postos de traballo.