Cargando resultados...
O volcán da Palma fixo unha parada ás 20.22 da tarde
O volcán da Palma fixo unha parada ás 20.22 da tarde
A erupción dispara as reservas turísticas na Palma durante a ponte
Imaxe da erupción a media tarde
analois
03/12/2021 21:07
A erupción do volcán de Cumbre Vieja dispara a ocupación turística da Palma durante esta ponte. E iso que esta tarde sobre as oito e vinte, o volcán deixou de emitir lava. As cámaras que enfocaban cara el quedaron totalmente en negro. Aínda así, a parada podería ser temporal. As estacións do instituto xeográfico nacional indican que a superficie da illa ten un abombamento de 6 cm. Iso quere dicir que o magma segue facendo forza sobre a codia terrestre. Haberá que agardar a ver que sorpresas nos reserva aínda esta erupción.