Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este xoves regresan as clases e os nervios polo inicio do curso

Este xoves regresan as clases e os nervios polo inicio do curso

G24.gal 05/09/2022 21:10

As imaxes de rúas case baleiras durante o verán mudaron e moito nos últimos días. Rematan as vacacións e toca volver ás aulas. 

"Outra vez volta á rutina: apura, madruga, corre, non nos dá tempo, aparca o coche… Pero tamén fai falta".

Acumúlanse as compras estes días porque desta volta coincide o comezo do curso para moitos.

"Son uns cantos días en que se concentra todo, vén todo de golpe. Aparte, o problema deste ano é que é a primeira vez que todos os cursos, tanto de pequenos como de maiores, empezan de golpe".

Son días de ultimar preparativos e que todo estea listo para o xoves. 

"A min vaime vindo para a cabeza: «Fáltame, fáltame, fáltame»... É bastante estresante porque hai que preparar os materiais, os libros, a roupa, mirar se lle serve, se non lle serve, se hai que comprar ou non… un barullo".

Tocan tamén as compras de última hora.

"É xusto o que estamos facendo aquí, estamos buscando zapatillas, chándal, cousas que son necesarias para o colexio".

O mes de setembro trae consigo un gasto engadido, que, dependendo do curso e do material que precise cada alumno, supón un gasto importante para as familias. 

"É un prezo bastante alto, pode empezar un neno pequeno entre libros e material… 240 ou 250 euros".

O curso arranca o xoves para os alumnos de primaria, secundaria e bacharelato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade