Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oito voluntarios de Ferrol e un de Muros traballan para rescatar sobreviventes en Turquía

Oito voluntarios de Ferrol e un de Muros traballan para rescatar sobreviventes en Turquía

Miguel Montero, bombeiro e membro dunha ONG de axuda participou no rescate de tres persoas atrapadas entre os entullos

Catro bombeiros de Ferrol e outros catro cooperantes viaxan con cadelas adestradas 

Os bombeiros e voluntarios de Ferrol cargan os coches antes de saír
G24.gal 10/02/2023 14:50 Última actualización 10/02/2023 15:09

Entre os voluntarios e bombeiros que axudan a rescatar sobreviventes en Turquía hai galegos. Un voluntario de Muros que participou no rescate de tres persoas e un grupo de bombeiros de Ferrol que van camiño de zona devastada, son algúns deles.

O bombeiro de Muros forma parte da expedición da ONG Intervención, Axuda e Emerxencias, que chegou Turquía na madrugada do martes. Foi a primeira axuda internacional na zona de Adillamán, unha das máis devastadas, onde os primeiros días  traballaron sen descanso

"Chegas con todas as ganas de poder axudar a un escenario totalmente desolador. Nada máis chegar dános un aviso dun rapaz de 26 ou 27 anos atrapado, vivo e consciente. Atopamos un rapaz cunha perna e un pé rotos e atrapado", di Miguel Montero, bombeiro de Muros e membro da ONG Intervención, Axuda e Emerxencias. 

Foi o primeiro. Despois, puideron salvar outras dúas persoas, un home e a súa filla, nun rescate moi complicado.

"Levaban tres días atrapados nun espazo dun metro e medio ou dous e a seis metros de profundidade", explica.

Outros catro membros da mesma oenegué e catro bombeiros  de Ferrol saíron onte á noite cara a Turquía. Saben que o traballo non vai ser doado, pero confían en poder salvar algunha vida.

"Temos a esperanza de facer polo menos unha boa intervención, con bo resultado, porque somos conscientes de que a maioría da intervención que fagamos non van ter un bo final", di Diego Rico, bombeiro de Ferrol.

Uns e outros traballan contra o reloxo porque canto máis tempo pasa menos posibilidades teñen de atopar sobreviventes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade