Operación especial de tráfico para a ponte de agosto en Galicia
Operación especial de tráfico para a ponte de agosto en Galicia
No noroeste peninsular prevense máis de 1.300.000 desprazamentos durante a ponte
Tráfico ten definidos 38 puntos conflitivos nas estradas galegas, onde se prevé maior intensidade de vehículos
Hai case 24 horas que comezou a operación saída desta ponte festiva na que se prevén máis de 8 millóns e medio de desprazamentos no estado, 1.300.000 no noroeste peninsular.
Polo de agora as estradas galegas mantéñense dentro da normalidade na circulación con ausencia de accidentes graves.
Coma cada ano, nesta fin de semana conflúen os que volven da primeira quincena cos que saen, e súmanse ademais os desprazamentos máis curtos cara ás praias e entre poboacións que están en festas. Seguen sendo moitos os viaxeiros que optan polo coche como medio de transporte cando se trata de desprazamentos pola Península.
A Dirección Xeral de Tráfico insiste na necesidade de extremar as precaucións, facer descansos ao volante e non coller o coche despois de consumir substancias que poidan alterar a condución.
Tráfico ten definidos 38 puntos conflitivos nas estradas galegas onde se prevé maior intensidade de vehículos: nos accesos ás cidades e nas autoestradas e autovías da costa.
A operación especial supón unha maior vixilancia tanto con radares móbiles como cos helicópteros e unha intensificación dos controis nas estradas.