Publicador de contidos
Publicador de contidos

Operación saída nos aeroportos, con 227 voos no Rosalía de Castro ata o domingo

Operación saída nos aeroportos, con 227 voos no Rosalía de Castro ata o domingo

Alvedro operará 76 voos ata o domingo e Peinador 72 

G24.gal 30/06/2023 14:44

Os aeroportos galegos prepáranse para unha fin de semana intensa, coincidindo co inicio de xullo. Este venres á mañá viuse xa moito movemento nas terminais, especialmente na de Santiago.

Ringleiras nos mostradores de facturación e zona de seguridade. Último trámite antes de "a Sevilla imos. De vacacións, a desconectar", conta un viaxeiro. "Cinco días. Non moito. Pero para desconectar un pouquiño", engade outro.

Comeza a operación desconectar, que moverá no aeroporto de Santiago 40.000 prazas en tres días. A maioría busca "festa, comer e descansar, que é o máis importante". Malia que "imos alá... a pasar un pouco de calor... pero cun sorriso".

Na terminal do Rosalía de Castro hai previstas 71 operacións. 227 ata o domingo. Máis de 60 con orixe ou destino internacional. Vense saír viaxeiros cara a Londres, París ou Zurich. Pero son os voos insulares os preferidos: illas Canarias e Baleares. 

Os que van a Palma de Mallorca contan que é "unha escapada de fin de semana. Ata o luns. Eu ata agosto non teño vacacións, pero facemos unha escapadiña de cando en vez" ou "unha semana de vacacións en familia, buscando o bo tempo". 

Non balbordo da terminal tamén hai que volve "pasamos uns días en Fuerteventura e volvemos. Moita calor. Moita... moita calor, moita calor".

Alvedro prevé operar 76 voos ata o domingo, oito internacionais. Peinador programou 72 operacións, con Londres como único destino internacional. O día máis intenso agárdase mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade