Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os apicultores de Baleira, en alerta por un oso

Os apicultores de Baleira, en alerta por un oso

No que vai de ano, o oso esnaquizou preto dun cento de colmeas na montaña lucense

G24.gal 13/09/2024 13:22

A presenza do oso en Baleira é cada vez máis habitual. A última evidencia que demostra que hai un ou varios plantígrados pola zona son os danos causados nestes silos de herba que se atopaban nunha parcela da aldea de Vilagarcía, na parroquia baleirense de Córneas. Saben que foi un oso polas marcas das garras que deixou nos plásticos.

Estas probas crearon certa alarma, sobre todo entre os produtores de mel, xa que no mes de xuño as súas colmeas foran obxectivo doutro oso. O animal estragou media ducia de apiarios, valorados nuns mil euros. 

Ante esta situación, os apicultores recomendan protexer as colmeas de posibles ataques; ben cambiándoas de lugar, ben instalando pastores eléctricos.

Aos danos provocados polo oso en Baleira, súmanse outros rexistrados na Fonsagrada e en Cervantes, na serra dos Ancares. En total, no que vai de ano o oso esnaquizou preto dun cento de colmeas na montaña lucense.

Os expertos atribúen estes ataques á falta de alimento no monte.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade