Publicador de contidos
Publicador de contidos

As axencias de viaxes recuperan os niveis de facturación previos á pandemia

As axencias de viaxes recuperan os niveis de facturación previos á pandemia

O galegos viaxan esta semana de decembro a Laponia, cidades europeas, Illas Baleares ou Exipto

A Galicia están chegar en AVE moitos turistas da península

02/12/2022 14:15

As axencias de viaxe están satisfeitas co traballo realizado para a semana de dúas pontes. Despois de que nos últimos anos as escapadas foran escasas nestas datas por mor da pandemia, estes días recuperaon os niveis de 2019 e facturaron tanto a destinos clásicos como a exóticos.

"Laponia é dos voos que vendemos moi ben. Tenerife, As Canarias, Exipto, cidades europeas e mercados do Nadal; está sendo unha ponte moi movida", di Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia.

Os que teñen pouco tempo escollen máis ben viaxes curtas por Galicia, a onde tamén está previsto que cheguen moitos turistas doutras comunidades.

"O AVE foi unha revolución, notouse moito máis movemento. Está sendo moi positivo, sobre todo para a provincia de Ourense, pero en xeral para toda Galicia", sinala Rivadulla.

"Saímos ás 8 de mañá, son as once e media, así que tres horas e media", di unha viaxeira que chegou esta mañá de Madrid.

Á estación compostelá chegaban esta mañá desde diferentes cidades, pero con obxectivos parecidos. A gastronomía, as luces de Vigo e os balnearios figuran entre os principais reclamos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade