Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bombeiros sufocan un incendio en cinco colectores en Oia

Os bombeiros sufocan un incendio en cinco colectores en Oia

Foi un veciño, que circulaba polo lugar co seu coche, o que alertou ao 112

Un bombeiro do GES da Guarda apagando o lume Un bombeiro do GES da Guarda apagando o lume
G24.gal 25/11/2021 08:46

Un incendio arrasou cinco colectores no concello pontevedrés de Oia. Foi un veciño, que circulaba polo lugar co seu coche, o que alertou ao 112 pouco antes da medianoite.

O home apartou outros colectores e evitou que tamén se queimasen. O lume arrasou dous colectores de papel e tres de residuos sólidos.

Ata o lugar acudiu o GES da Guarda, que sufocou as lapas e evitou que o lume se propagase a un predio lindeiro. A Garda Civil tamén se desprazou ata a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade