Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os celtistas xa poden ter como recordo partes do formigón da bancada de Marcador

Os celtistas xa poden ter como recordo partes do formigón da bancada de Marcador

As pezas están enriba dunha placa de metacrilato para que poidan colocarse con maior facilidade no caso de que se queiran empregar como decoración

Os que queiran recoller estes recordos teñen que achegarse á Concellería de Fomento para facerse coa súa

G24.gal 16/05/2024 09:44

Os celtistas xa poden conseguir un recordo do estadio de Balaídos para ter na casa. O Concello está a repartir anacos de pedra da antiga bancada de Marcador. Tras as reformas gardaron pedazos desa zona para agasallar os seareiros.

Cando comezaran as obras do estadio de Balaídos, o alcalde xa anunciara esa posibilidade de levar parte da historia, e moitos afeccionados amosaran o seu interese e fixeran as súas solicitudes, que agora teñen resposta.

No Concello de Vigo están a repartir anacos de formigón que se retiraron da antiga bancada de marcador. Iso si, as pezas están enriba dunha placa de metacrilato para que poidan colocarse con maior facilidade no caso de que se queiran empregar como decoración. Na base consta tamén o ano da demolición, o 2021. Abel Caballero anunciou que xa se repartiron unhas 150 mostras, pero que aínda hai outros centos dispoñibles. Os que queiran recoller estes recordos teñen que achegarse á Concellería de Fomento para facerse coa súa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade