Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os cerqueiros galegos mercan cota á frota de Cádiz para seguir pescando ata outubro

Os cerqueiros galegos mercan cota á frota de Cádiz para seguir pescando ata outubro

A cota de sardiña asignada aos buques do Cantábrico remata hoxe

G24.gal 29/08/2022 20:34

Galicia seguirá tendo sardiña no mercado ata outubro. Esta noite acaba a cota asignada para o Cantábrico, preto de 8.700 toneladas. 

Pero os nosos barcos non terán que parar porque lles están mercando cota aos pesqueiros do golfo de Cádiz.

Gonzalo Pérez Fernández, vicepresidente de Cerqueiros Galegos, explica que os seus asociados van mercando cota segundo a precisan, mentres que en Acerga os buques fixeron unha compra conxunta.

Con estas compras, os armadores contan seguir pescando sardiña ata que acabe a pesqueira en outubro e sacar un pouco máis de beneficio.

Os armadores están contentos porque ven unha recuperación dos bancos de sardiña. Pero tamén fan un chamamento a que se pesque coidando a especie.

Galicia ten uns 160 cerqueiros que viven da sardiña. Por iso conservar o recurso é fundamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade