Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os corvos estragan os cultivos de millo de Sanxenxo e Meaño

Os corvos estragan os cultivos de millo de Sanxenxo e Meaño

A única solución por agora é unha cometa con forma de falcón que funciona de espantallo

G24.gal 12/08/2022 14:15 Última actualización 12/08/2022 14:24

Papaventos con forma de falcón. É o último invento dos campesiños de Sanxenxo e Meaño para protexer a súa colleita de millo. Aseguran que os corvos, a súa principal ameaza, xa non escapan dos espantallos tradicionais. 

Os corvos concéntranse nesta zona xa que é onde hai máis millo de toda a comarca do Salnés. Primeiro comen as sementes, despois os grans estragando as plantas. Aos agricultores quédanlles poucas solucións e xa non saben que facer para protexer o seu millo da acción dos corvos. Tamen dos xabarís e os teixugos pero os máis constantes e prexudiciais son estes paxaros que estragan os cultivos. Os espantallos e o de botar grans polos camiños non está a funcionar e por iso agora un deles probou co papaventos con forma de falcón para tratar de afastar os corvos.

Piden tamén que lles autoricen batidas para matar algúns exemplares e así afastar o resto. Hai uns meses as autoridades permitiron disparos ao aire disuasorios sen moito éxito. O de matar a algúns é cando menos unha medida polémica xa que o corvo é unha especie protexida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade