Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os doces clásicos do Nadal xa invaden escaparates e casas

Os doces clásicos do Nadal xa invaden escaparates e casas

As sobremesas desta época agardan o seu remate nos obradoiros das pastelerías

As especialidades típicas levan días vendéndose

G24.gal 13/12/2021 21:19

O tempo de Nadal nótase nas luces, nótase nos adornos e nótase tamén nas pastelerías. Podemos ver turróns, mazapáns, polvoróns e panetones, entre outras sobremesas que invitan a comer cos ollos, preparadas no escaparate ou esperando o acabado no obradoiro da confeitería. 

"Tratamos de facelos o máis tarde posible para que cheguen en boas condicións ao Nadal. Aínda hai que cocelos e rematalos, pero os polvoróns si que se poden comer xa, e aguantan máis tempo", conta José Manuel dende a confeitería Tábora de Santiago.

En perfecta disposición para pronto saltar ás nosas casas están estas sobremesas e especialidades clásicas do Nadal.

 "Que se fan con améndoa, azucre e mel".

E nesta pastelería de Bertamiráns din que xa levan unha semana vendendo polvoróns a diario.

 "Pero o turrón é o que máis se vende nestas datas", aclara sen dubidalo Yolanda, da pastelería Miguel Ángel. 

E amosa unha figura que nos mira directamente.

"É unha anguía de mazapán. Ten esa forma porque así podes ir cortándoa cada día e vaiche durando todo o Nadal".

Contan aquí que quizais sexa o Nadal a festividade que máis satisfai os pasteleiros, e quizais tamén os ollos dos clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar