Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos somos os que máis nos distraemos cando conducimos

Os galegos somos os que máis nos distraemos cando conducimos

As distraccións son as culpables dun terzo dos accidentes mortais

Na última década, 516 galegos morreron en accidentes de tráfico por unha distracción

Un segundo de distracción ao volante pode custar a vida
G24.gal 09/05/2023 14:40 Última actualización 09/05/2023 14:50

Un informe sobre os riscos das distraccións ao volante revela que cada vez hai menos accidentes por este motivo, pero os que hai son máis letais. Na última década, máis de 500 galegos morreron por un segundo de descoido.

"En Galicia case o 81 % dos condutores recoñece que moitas veces conducen distraídos", apunta Mar Garre, directora xeral da Fundación Línea Directa.

Esta porcentaxe sitúanos por riba da media nacional.

"Ás veces vas pensando e pasas a saída que estabas pendente para coller".

"Eu que sei, miras para a radio e cando te dás conta...".

 "Eu, por exemplo, cando vou conducindo distráiome coa paisaxe que me gusta", comentan na rúa.

As rectas longas e os semáforos son os puntos onde os condutores sofren máis descoidos.

 "O accidente tipo por distracción é un golpe que se produce por alcance en vías interurbanas e polo xeral en longas rectas", continúa Mar Garre

 "A min nunca, pero si me pasou que alguén se despistou e se me cruzou diante".

"Distraída, non ía co móbil nin nada, simplemente ía distraída e deume".

O móbil está entre as principais distraccións.

  "Cando recibes unha mensaxe ou así que che dá a tentación de collelo, e ás veces cólloo, sendo sincero".

"Eu o móbil cando vou conducindo déixoo aparcado e xa pode soar e soar".

As distraccións conforman xunto co exceso de velocidade e o consumo de alcohol e drogas o chamado "triángulo de accidentalidade" nas estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade