Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gandeiros de Tenreira Suprema únense aos transportistas e reclaman mellores prezos para a súa carne

Os gandeiros de Tenreira Suprema únense aos transportistas e reclaman mellores prezos para a súa carne

Piden que se pague a 7 euros o quilo para poder cubrir custos de produción

En Galicia hai 9.000 explotacións de Suprema Galega

Marta González Salve 17/03/2022 14:23

Apostados ás portas do matadoiro de Novafrigsa para evitar que entren ou saian camións, os gandeiros produtores de tenreira suprema unense á folga dos transportistas cunha reivindicación engadida: mellorar os prezos da carne en orixe, estancados dende hai 3 décadas, para cubrir os custos de produción.

En Galicia hai 9.000 explotacións de suprema galega. Un modelo de produción cunhas esixencias e custos engadidos que, aseguran, non se reflicten no prezo que se paga pola carne. Reclaman un prezo de 7 euros para cubir custos de produción fronte os actuais 4,60 euros que reciben.

Seguirán coas mobilizacións ata conseguir un prezo que lles axude a manter abertas as explotacións e poder vivir do seu traballo.

A falla de rendibilidade, aseguran, que aboca as explotacións ao peche, e xunto a eles todas aquelas empresas dependentes do sector e os que tentan facer sostible a vida no rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar