Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os mellores callos do mundo elabóranse nun restaurante de Santiago

Os mellores callos do mundo elabóranse nun restaurante de Santiago

A receita elaborada polo cociñeiro Axel Smyth gaña o Campionato Mundial de Callos celebrado en San Sebastián 

Os callos do Simpar levan 10 tipos de carne e casquería e elabóranse durante 3 días

Os mellores callos do mundo sérvense no restaurante Simpar, na rúa do Vilar
G24.gal 08/10/2024 14:01

Os mellores callos do mundo fanse en Santiago. Son obra do cociñeiro Axel Smyth, que rexenta o restaurante Simpar, situado no corazón da cidade histórica, na rúa do Vilar. Así o decidiu o xurado do Campionato Mundial de Callos celebrado dentro da programación do congreso San Sebastian Gastronomika Euskadi Basque Country.

Unha mostra de que os pratos máis tradicionais teñen cabida na alta cociña, como explica Axel. Asegura que o reto da súa carta é ofrecer sabores tradicionais, refinándoos e dándolles unha volta, pero respectando a tradición.

A primeira clave da receita é o produto de calidade, que Axel logrou atopar nunha carnicería compostelá onde consegue os 10 tipos de carne e casquería necesarios para a elaboración dos callos.

Axel garda con celo outro dos ingredientes, que é un rustrido secreto, e explica que outra das claves dos mellores callos do mundo é a elaboración e o tempo empregado no proceso: tres días.

O xurado destacou o a cor, a textura, o punto meloso da salsa e un sutil toque afumado que lle proporcionan o chourizo e a morcilla. E tomen nota, porque agora os mellores callos do mundo tamén se poden levar, envasados ao baleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar