Os ocupantes ilegais dun piso en Lugo non cumprirán o acordo de marchar se non lles dan 5.000 euros
Os ocupantes ilegais dun piso en Lugo non cumprirán o acordo de marchar se non lles dan 5.000 euros
O propietario comprometeuse a non cobrar a débeda de 12.000 euros se marchan
A empresa de desafiuzamento pactara o abandono da vivenda para o día 20 de outubro
Os ocupantes ameazan o propietario con non marchar e desfacer o piso se non paga
De pouco serviron as precaucións que Manuel, nome ficticio do propietario da vivenda ocupada, tomou cando lle alugou o piso a unha parella na rúa Santo Graal, en Lugo.
Tras dous anos sen cobrar, contratou unha empresa de desafiuzamentos, que acadou un acordo en que os ocupantes se comprometeron a abandonar o piso este xoves, día 20. A cambio o propietario perdoáballes a débeda contraída de 12.000 euros.
Un pacto que dá un xiro inesperado cando Manuel empeza a recibir mensaxes e chamadas en que lle piden 5.000 euros se quere recuperar a vivenda.
Tras denunciar a extorsión na policía, os ocupantes ilegais chegan a asegurarlle que teñen todo estudado e que a policía non lles pode facer nada.
Manuel di sentirse impotente e con medo por el e polos veciños. Asegura que non vai ceder á extorsión e que recorrerá á vía legal se mañá non abandonan o inmoble.