As sobremesas de Entroido medran en vendas no día de san Valentín
As sobremesas de Entroido medran en vendas no día de san Valentín
Orellas e freixós, os sabores máis larpeiros do Entroido coruñés
Nas panaderías e pastalerías da cidade levan dúas semanas despachando os doces típicos dunha das festas máis agardadas do ano
Orellas, filloas ou freixós, roscas de anís e todo elaborado artesanalmente seguindo as receitas tradicionais. Na panadería Farinarium da rúa da Torre, no barrio por excelencia do Entroido coruñés Monte Alto, Gilberto Patiño despacha a diario quilos e quilos de doces entroideiros. Difícil poñerse de acordo sobre cal é a sobremesa máis saborosa.
Nin tan sequera o calendario con san Valentín puideron neste 14 de febreiro cos sabores máis larpeiros do Entroido coruñés. Conta Teresa Bosa, da panadería Tahona, que levan máis de dúas semanas cunha elevada demanda e non deixan de vender, especialmente, orellas. Doces que un ano máis non faltarán nunha das festas máis agardadas do ano na cidade.