Os produtores de carne de poldro queren aumentar a comercialización local
Os produtores de carne de poldro queren aumentar a comercialización local
Hoxe só o 10 por cento da produción queda en Galicia e comercialízase baixo o logotipo de raza autóctona
Ten numerosas propiedades: é rica en proteínas, ferro e baixa en graxas
En hamburguesa con queixo San Simón e xamón de porco celta ou en canelón recheo de estufado. Son numerosas as formas en que podemos cociñala igual que as súas propiedades, falamos da carne de poldro.
"Ten pouco graxa entón na elaboración hai que incorporarlle algún ingrediente que compense esa falta de graxa", explica o cociñeiro Adrián García.
En Galicia a produción anual de carne de poldro é duns 90.000 quilos, pero só o 10 por cento queda aquí.
Laura Peteiros, veterinaria de Puraga: "Comercializase baixo o logotipo de cen por cento raza autóctona. E alta en proteínas, baixa en graxas e rica en ferro de fácil asimilación", asegura Laura Peteiros, veterinaria na asociación de criadores, Puraga.
Degustacións coma a de hoxe queren mudar esa tendencia e promover un produto cen por cento galego.
"Unha carne moi exquisita cunha textura moi suave" di unha muller, para outra ten "un sabor especial", unha terceira di que "ten un toque doce"; e este home asegura que a come "dúas veces á semana".
Unha carne que prioriza o benestar animal xa que son criados en liberdade e que en breve contará ademais co certificado de ecolóxica.