Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos reclaman salarios dignos e medidas para a contención dos prezos

Os sindicatos reclaman salarios dignos e medidas para a contención dos prezos

Comisións Obreiras e UXT celebraron conxuntamente este primeiro de maio cun acto central na Coruña

A manifestación da CIG celebrouse en Vigo con lemas como "Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos"

G24.gal 01/05/2022 20:23

Comisións Obreiras e UXT celebraron conxuntamente este primeiro de maio cun acto central na Coruña.

Reclamaron a introdución nos convenios colectivos de cláusulas de revisión salarial para compensar a inflación e evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores. Esixiron tamén a aplicación de medidas de contención dos prezos. 

Para os dous sindicatos esta foi unha xornada eminentemente reivindicativa, pero tamén para valorar os logros acadados nos últimos meses, como os acordos sobre o salario mínimo interprofesional, a reforma das pensións ou a lei de teletraballo.

Aos gobernos central e autonómico reclamáronlles axudas para as familias con ingresos mensuais inferiores a mil euros, máis de cincocentas mil en Galicia.

A manifestación central da CIG celebrouse en Vigo, unha marcha multitudinaria que percorreu as principais rúas da cidade, con lemas como "Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos". 

Entre as reivindicacións, pediron medidas urxentes en materia fiscal e económica para evitar a agonía laboral de moitos sectores.

A suba do salario mínimo interprofesional foi outra das peticións para facer fronte á situación derivada da suba dos prezos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade