Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traficantes de armas da Costa da Morte captaban clientes menores á porta do instituto

Traficantes de armas da Costa da Morte captaban clientes menores á porta do instituto

A operación Percutores continúa aberta e poderían comisarse máis armas e deter máis implicados

Pistolas cargadas, co número de serie borrado e probablemente modificadas

G24.gal 20/09/2022 14:16

Os catro detidos na Operación Percutores contra o tráfico de armas, desenvolvida polo equipo Roca da Garda Civil de Carballo, pero con sede en Vimianzo, xa pasaron a disposición xudicial e quedaron en liberdade con cargos. Poderían enfrontarse a penas de entre dous e sete anos por tráfico de armas.

A Garda Civil sorprendeunos con cinco pistolas, todas elas co número de serie borrado, listas para seren disparadas e nalgún caso probablemente modificadas. É o primeiro operativo deste tipo que se leva a cabo aquí, na Costa da Morte, e é o resultado dunha investigación iniciada fai case dous anos.

Neste tempo mesmo puideron rexistrar a actividade ilícita destes supostos delincuentes ofrecéndolles as armas a menores de idade.

Axentes da Policía Xudicial recollían esta mañá no cuartel de Vimianzo as cinco armas de fogo para analizalas, comprobar se foron empregadas anteriormente nalgún delito e determinar a súa orixe. 

Os axentes do equipo Roca conseguían deter, en primeiro lugar, dous individuos nun vehículo nas inmediacións deste parque infantil en Dumbría. Levaban consigo a primeira das armas intervidas.

Uns días despois, tivo lugar a detención doutros dous homes, con outras catro pistolas tamén ilegais. A pesar de que eran precavidos e a actividade ilegal realizábase aos poucos, os axentes puideron comprobar mesmo como lles ofrecían estas armas a menores de idade, nas inmediacións dun instituto de Cee.

A operación, primeira deste tipo que se realiza na zona, continúa aberta na pista da orixe das pistolas. Os catro axentes que forman o equipo encargado da investigación cren que foron adquiridas no estranxeiro, e non descartan novas detencións. Ademais, é moi probable que poidan intervir máis armas.

Tras pasar a disposición do xulgado de Corcubión, os catro veciños da Costa da Morte detidos quedaron en liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade