Cargando resultados...
Os vándalos atacan o cemiterio de Bóveda
Os vándalos atacan o cemiterio de Bóveda
Lanzaron un colector por riba do valado, romperon sinais viarias e estraron as flores
G24.gal
04/08/2022 20:33
Este mes descubriuse un acto de vandalismo no cemiterio do concello de Bóveda, onde alguén estragou unha sepultura e tirou un contedor de lixo por enriba do valado que pecha o camposanto. A Garda Civil está investigando os feitos.
Un acto que non pode ser cualificado como unha falcatruada pola falta de empatía dos autores dos feitos, que estragaron a lápida da tumba na que están os restos dun médico, un home ao que os seus veciños lle puxeran unha placa de agradecemento.