Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños da Lavacolla din que o aparcadoiro ilegal leva anos operando sen control

Os veciños da Lavacolla din que o aparcadoiro ilegal leva anos operando sen control

A Garda Civil multa os donos dos vehículos mal estacionados pola empresa do aparcadoiro, que segue traballando a pesar das denuncias

Os coches quedan en calquera leira ou camiño sen vixilancia nin control
G24.gal 20/04/2022 14:02

O aparcadoiro irregular que opera na contorna do aeroporto de Santiago segue a traballar malia as múltiples denuncias de usuarios e as multas recibidas por moitos condutores, cando quedan mal estacionados polos responsables do negocio.

Nas próximas horas vaise celebrar unha reunión entre todos os organismos afectados en maior ou menor medida.

Os veciños da Lavacolla din que xa levan 3 anos soportando este conflito. Vendo como centos de coches inundan os espazos públicos e ocupan leiras privadas. Mañá teñen unha xuntanza coa policía, Garda Civil e o Concello. Van pedir unha solución urxente e definitiva.

"Hai veciños que están ameazados por esa xente"

Supostamente o xeito de operar é recoller o coche do cliente na terminal e deixalo en calquera sitio. Os veciños denuncian que sofren o acoso diario por parte desta empresa cando lles plantan cara.

"Hai molestias para os veciños, hai veciños que están ameazados por esa xente, que cada vez que tropezan con eles reciben insultos, nalgunha ocasión chegouse as mans, queremos unha solución deste problema que temos que resolver", di Manuel Salvado, presidente da Asociación de Veciños Ruta Xacobea da Lavacolla.

Ao parecer, esta empresa pantasma anúnciase en Internet con varios nomes e capta os seus clientes ofrecendo uns prezos moito máis baixos que outras que hai na contorna e que de dedican a mesma actividade.

"O espazo público ninguén o pode ocupar sen unha licenza do Concello"

Na realidade cando recollen o coche do cliente na terminal déixao en calquera parte o que está ocasionado que os donos dos coches reciban multas por estar infrinxindo normas de tráfico. 

"Estes días aparcaron a case cen metros da pista de aterraxe, se nun coche deses vai uns explosivos ou pasa algo o problema pode ser moi severo. O espazo público ninguén o pode ocupar sen unha licencia do concello", afirma Salgado. "Hai unha actividade de aparcadoiro en que non hai licenza nin hai nada e as competencias en materia de aparcadoiros son municipais. Ocupan espazos públicos e privados, aparcadoiros de bares, restaurantes, hoteis, gasolineira, albergues, e os seus clientes cando van alí non teñen sitio onde aparcar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade