Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños do Orzán están satisfeitos polo comiso de autofalantes a grupos que poñen música na rúa

Os veciños do Orzán están satisfeitos polo comiso de autofalantes a grupos que poñen música na rúa

A policía comisou un aparello móbil e levantou acta por música na rúa

Marta González Salve 04/01/2022 14:01

Mozos reunidos na rúa e coa música dos pequenos altofalantes móbiles a todo volume. É a nova modalidade de ocio nocturno que sofren, entre outros, os veciños do Orzán.

A demanda destes aparellos incrementouse entre os mozos pola súa versatilidade, o seu pequeno tamaño e pola capacidade sonora que ofrecen.

Ante as reiteradas queixas dos veciños, a Policía Local da Coruña interviu esta fin de semana un altofalante móbil co que un grupo de mozos estaba a perturbar o descanso dos veciños do pasadizo de Orzán.

Pensan que accións coma esta e o feito de que levantasen unha acta por música na rúa poden axudar a disuadir os que cada día trasladan a troula nocturna ás rúas do Orzán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade