Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os virus e a falla de materia prima dificultan a provisión de certos fármacos

Os virus e a falla de materia prima dificultan a provisión de certos fármacos

A Axencia Española do Medicamento confirma que hai problemas para abastecer de máis de 600 fármacos

O persoal especializado insiste en que sempre hai alternativas por iso fai unha chamada á calma

G24.gal 14/01/2023 18:34 Última actualización 14/01/2023 19:11

Atopar determinados antigripais, analxésicos, mucolíticos ou antibióticos pode ser complicado nestes momentos. A alta incidencia dos virus respiratorios tras a retirada da máscara incrementa a súa demanda pero non é o único motivo.

Segundo explica Menchu Baladrón, farmacéutica vogal do Colexio de Ourense, tamén están a escasear medicamentos que non son estacionais. A resposta dos laboratorios e dos almacéns é que non hai materia prima.

A Axencia Española do Medicamento confirma que agora mesmo hai problemas de subministración con máis de 600 fármacos. O persoal especializado insiste en que sempre hai alternativas, por iso fai unha chamada á calma.

"Tranquilidade, sempre hai un medicamento substitutivo ou que fai o mesmo o senón o médico sempre vai poder dar outro tratamento", salienta Baladrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade