Ourense vai reconstruír as instalacións termais incendiadas da Chavasqueira
Ourense vai reconstruír as instalacións termais incendiadas da Chavasqueira
Quedaran devastadas polas lapas hai tres anos
Para o Concello supón recuperar un dos símbolos termais da cidade
Hai case tres anos, na madrugada do 24 de abril, un incendio calcinaba por completo as instalacións termais da Chavasqueira en Ourense, un dos principais atractivos turísticos da cidade.
E están camiño de volver a selo porque o Concello de Ourense xa ten a aprobación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para comezar as obras de reconstrución das instalacións termais da Chavasqueira, afectadas por un incendio provocado vai para tres anos.
A concellería de Termalismo encargouse de realizar os trámites para legalizar a intervención na contorna do río Miño e a súa responsable, Flora Moure, agradeceu a cooperación da Confederación para desbloquear un proxecto que cualificou de “fundamental” para o termalismo en Ourense. Di que supón recuperar “un dos símbolos termais” da cidade.
Tanto o Goberno local como a empresa concesionaria da instalación intentarán axilizar ao máximo os trámites administrativos para reconstruílo canto antes.