Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ovas de ourizo, o caviar galego que acada os 200 euros por quilo

Ovas de ourizo, o caviar galego que acada os 200 euros por quilo

Hoxe remata unha campaña na que se acadaron cotizacións históricas

Medrou a demanda do producto fresco para restaurantes franceses, italianos e españois

 

G24.gal 29/04/2022 14:00

Remata a campaña do ourizo e os compradores buscan facerse co mellor produto, aquel que ten máis e mellores ovas, o resto non se aproveita.

"Os altos prezos veñen de que é moi bo e hai demanda. Igual que se mercas un coche, o mellor é o máis caro, este mercado pide calidade", di Xesús Pedreira, a maior comprador de ourizo de Galicia.

Queren a calidade do ourizo galego. En conserva, conxelado ou, cada vez máis, en fresco a demanda aumenta. E iso elevou as cotizacións nas lonxas.

"Este ano os prezos foi excelente en canto a prezos" explica o presidente da Asociación de Mariscadores de Aguiño, Manuel Ángel Reiriz.

"Nos últimos anos a media na lonxa era de oito ou nove euros o quilo. Este ano disparouse, a media está entre os once e os doce euros" engade o patrón maior da confraría, Jose Antonio Santamaría.

Fan falta moitos ourizos para xuntar un quilo de ovas, pero o prezo rolda os 200 euros. Todo un caviar que viaxa a Italia e Francia, os principais mercados, pero que tamén se vai abrindo oco nos mellores restaurantes españois.

"Os cociñeiros modernos empezaron a fixerse no produto, iso revalorizouno", pensa Jose Antonio Santamaría.

"En Galicia podemos presumir de calidade, ourizo hai noutros países, pero non é igual de bo", matiza Xesús Pedreira.

Os mergulladores de Ribeira non volverán a por ourizos ata o Nadal. Nos meses de calor soltan as ovas e toca deixalos criar. Conscientes do valor que colleu este recurso, queren coidalo para o futuro reducindo cotas e aumentando o tamaño das capturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade