Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Crespo avanza a semifinais no C1 1000

Pablo Crespo avanza a semifinais no C1 1000

O padexeiro pontevedrés clasifícase á seguinte rolda logo de finalizar en segunda posición nos cuartos de final

Todos os piragüistas galegos superaron as roldas preliminares

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 07/08/2024 16:36

Pablo Crespo Penas conseguiu a clasificación ás semifinais na categoría de C1 1000. O galego, fillo dos padexeiros José Manuel Crespo e Ana María Penas, debutaba nos Xogos Olímpicos e conseguiu pasar ás semifinais na súa categoría.

O piragüista pontevedrés non puido acceder á seguinte rolda pola vía rápida, logo de finalizar a súa serie na quinta posición. Crespo logou revertir a situación nos cuartos de final ao finalizar a regata co segundo mellor tempo, 3:50:24

O padexeiro galego amosábase satisfeito tras o remate da xornada e non é para menos. Pablo Crespo Penas logra meterse entre os 12 mellores piragüistas do C1 1000 e completa o pleno do piragüismo galego e español, ao avanzar todos os participantes da delegación nacional nas súas competicións. A saga familiar continúa en París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade