Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os barcos da ameixa da ría de Vigo paran porque "non compensa saír ao mar"

Os barcos da ameixa da ría de Vigo paran porque "non compensa saír ao mar"

Din que co prezo en lonxa a 3 euros quilo é mellor quedar amarrados

G24.gal 04/07/2024 14:56

A imaxe que presentaba hoxe o porto de Baiona era a do preto dun cento de barcos que van á ameixa que decidiron parar. O motivo é o baixo prezo do molusco en lonxa. Achacan o problema en parte a unha oferta elevada, debido ao levantamento da veda en Portugal. 

Ante esta situación, prefiren que a ameixa quede no mar. Co duro traballo que supón e os gastos que implica non lles compensa saír pescar. Para eles a solución é establecer un prezo mínimo e non estar tan suxeitos á oferta e á demanda.  

As confrarías da ría de Vigo uniron forzas e mentres non se arranxe o problema, os barcos seguirán amarrados a porto.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar