Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pasa a disposición xudicial o home acusado de prender lume na casa coa familia dentro

Pasa a disposición xudicial o home acusado de prender lume na casa coa familia dentro

Tamén golpeou con baldosas o coche que colleron a muller e o fillo para escapar

Ocorreu en Palma de Mallorca o xoves tras falaren de romper a relación

G24.gal 27/07/2024 19:31 Última actualización 27/07/2024 21:21

Este sábado pasou a disposición xudicial o home que presuntamente incendiou a súa casa, coa muller e o fillo dentro, o xoves en Palma de Mallorca.

O individuo tamén golpeou con baldosas o coche que colleron a muller e o pequeno para escapar do lume.

Non tiña denuncias previas, pero xa queimara días atrás cousas da súa parella, á que ameazara con deixar sen nada ante a proposta de romper a relación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade