Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechada parte da ría de Pontevedra dez días antes da Festa da Ameixa

Pechada parte da ría de Pontevedra dez días antes da Festa da Ameixa

O ano pasado a cita gastronómica celebrárase tamén contra o reloxo e consumíranse cincocentos quilos de ameixa

G24.gal 06/09/2023 12:45

E de novo problemas coa toxina, desta volta na ría de Pontevedra. De momento, está prohibido extraer ameixa da zona do fondo da ría de Pontevedra, a máis pegada ás praias, en Poio.

Por segunda vez no que levamos de ano, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, o Intecmar, pecha o marisqueo ante a presenza de toxina paralizante na auga.

O peche chega nun momento de moita actividade marisqueira para as confrarías da zona porque en dez días está previsto que se celebre, en Poio, a edición número trinta e cinco da Festa da Ameixa.

Pero xa o ano pasado a cita gastronómica se celebrara case tamén contra o reloxo por un peche, igual que pasa agora, de parte da zona da ría. Finalmente consumíranse cincocentos quilos de ameixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade