Publicador de contidos
Publicador de contidos

A toxina obriga a pechar o marisqueo en Camariñas e Corcubión

A toxina obriga a pechar o marisqueo en Camariñas e Corcubión

As mariscadoras esperan poder recuperar a actividade na próxima marea

G24.gal 04/09/2023 14:24

A imaxe de calma que ofrece a praia do Ariño en Camariñas non era a prevista, tiña que estar chea de mariscadoras a pé á procura de ameixa e berberecho, pero a presenza de toxina deixounas na casa.

"Se onte case deu para pechar, hoxe daría para pechar e para mandar a xente a traballar, tirar o marisco e perder o día de traballo, é un peche cautelar", é o que di a presidenta das mariscadoras de Malpica

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia decretou o peche do marisqueo non só en Camariñas, tamén nas dúas zonas de extracción da ría de Corcubión. Unha medida que non colleu por sorpresa as mariscadoras da zona. O problema é que neste caso, ao peche engádese a falta de cría, que é o que agora máis as preocupa porque din que pode chegar a poñer en risco o seu futuro.

"Tivemos pouco marisco para recoller. Hai que pensar que é unha horta, hai que sementar, e hai que recoller... pero non temos cría", engade a presidenta do colectivo

Á espera dos resultados das análises, que se irán facendo nos próximos días, esperan volver á actividade coa próxima marea, sempre e cando a toxina o permita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade