Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechan a ruta de sendeirismo das Penicias, en Rois, pola caída de rochas

Pechan a ruta de sendeirismo das Penicias, en Rois, pola caída de rochas

Varios veciños víronse sorprendidos pola caída de pedras, algunhas de máis de 50 quilos, mentres se facían traballos forestais

G24.gal 15/07/2024 15:52

O Concello de Rois tivo que pechar a ruta das Penicias, unha ruta de sendeirismo que atravesa varias parroquias. Uns traballos forestais provocaron a caída de grandes pedras polo monte abaixo. Algunhas desas rochas houberon alcanzar varios veciños que paseaban pola zona.

O Concello de Rois deu orde para cortar o paso de xente.

Tomou a decisión despois da denuncia de varios veciños que se viron sorprendidos pola caída de pedras, algunhas de máis de 50 quilos, polo monte abaixo.

É o caso de Antón, que estaba facendo a ruta das Penicias con tres menores. 

As pedras viñan do alto do monte, onde unha empresa facía traballos forestais. Berraron, pero ninguén os oía, e chamaron o 112, pero non tiñan cobertura. Non podían dar volta por medo ás pedras, así que agatuñaron por un pequeno barranco e acabaron accedendo a un camiño alternativo.

Xa co camiño pechado, quéixase de que a empresa forestal non sinalizara a zona nin se preocupase da xente que podía pasar polo camiño do fondo do monte.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade