Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian unha nova pelexa multitudinaria na praza coruñesa de San Paulo

Denuncian unha nova pelexa multitudinaria na praza coruñesa de San Paulo

Unha liorta rexistrada no lugar en febreiro rematou cun mozo de 18 anos acoitelado

O lugar onde aseguran que se produciu unha nova pelexa multitudinaria O lugar onde aseguran que se produciu unha nova pelexa multitudinaria
G24.gal 20/05/2023 11:35 Última actualización 20/05/2023 11:48

No mes de febreiro o acoitelamento dun mozo de 18 anos mentres xogaba cos amigos ao baloncesto puxo en alerta a veciñanza da praza de San Paulo, na Coruña.

Agora, denuncian unha nova pelexa multitudinaria onte á noite. Aseguran que entre a trintena de participantes estaban as persoas que provocaran a agresión en febreiro.

Tras o incidente de hai tres meses, as forzas de seguridade identificaran dous menores de idade, malia que, segundo as investigacións, había unhas quince persoas de entre 13 e 16 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade