Pendentes en Bueu do posible ingreso en prisión dun veciño problemático
Pendentes en Bueu do posible ingreso en prisión dun veciño problemático
Agredía nenos e maiores, roubaba nos establecementos e tamén coches e tapas de sumidoiros, segundo a versión dos veciños
Pouco máis de catro meses leva vivindo en Bueu no barrio das Meáns Juan e xa ten farta a toda a contorna. Poucos son aos que non lles roubou, intimidou ou agrediu. Cada día érguense pensando a quen roubará, por iso fixeron unha concentración e un corte de tráfico este xoves a mediodía.
Xornada que finalmente cadrou coa súa detención grazas a un amplo operativo en que participaron Garda Civil, Policía Local, Bombeiros do Morrazo e co que colaborou a nai da menor coa que convive.
A veciñanza está hoxe pendente do que decida a xuíza de garda de Marín e confían no seu ingreso en prisión, xa que ademais de todos os supostos delitos cometidos en Bueu ten requisitorias dos xulgados de Pontevedra e Redondela.