Cargando resultados...
Perde o control do coche e cae por un desnivel en Coles por mor dunha avespa
Perde o control do coche e cae por un desnivel en Coles por mor dunha avespa
O condutor, ferido leve, asegura que o insecto entrou pola fiestra e ao tentar botala precipitouse e envorcou
O coche caeu por un desnivel de 20 metros
G24.gal
29/04/2023 18:41
Un home foi trasladado ao complexo hospitalario de Ourense tras sufrir un accidente co coche que conducía no quilómetro 244 da estrada N-525 á altura do municipio de Coles.
Segundo declarou á Garda Civil de Tráfico, unha avespa entrou pola fiestra e, ao tratar de botala, perdeu o control. O vehículo foise pola marxe dereita do sentido da súa marcha e caeu por un desnivel de 20 metros.
A vítima, que sufriu feridas leves, ingresou para someterse a unha exploración médica.