Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pesar en Chantada polo falecemento en accidente de dous rapaces de 18 anos

Pesar en Chantada polo falecemento en accidente de dous rapaces de 18 anos

Bandeiras a media hasta e actividades suspendidas durante dous días en sinal de pésame

Consternación na vila e no club deportivo en que xogaban os dous mozos

G24.gal 09/08/2023 14:36

A vila de Chantada lamenta a perda de Álex e Abel, dous rapaces de 18 anos, moi populares e que deixan sentimentos de consternación en todo a vila, onde eran moi apreciados.

Ambos os dous xogaban no equipo xuvenil da Sociedade Deportiva Chantada. De feito, viñan de disputar un torneo de fútbol sala en Taboada, cando a fatalidade, en forma de xabaril, se cruzou no seu camiño. Emocionados, membros do club lembran os mozos, aos que coñecían desde cativos.

Algúns establecementos pecharon para amosar o seu pésame. Tamén nos edificios oficiais as bandeiras estaban a media hasta. A corporación decretou dous días de loito. Máis adiante contan con renderlles unha homenaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade